«Transfronteiriza» abre no Museo do Pobo

La Voz

SANTIAGO

PACO RODRÍGUEZ

Trátase dunha expo-instalación de Diana Gonçalves

23 oct 2026 . Actualizado a las 04:55 h.

A ala sur do Museo do Pobo acolle a expo-instalación de Diana Gonçalves na que rescata historias da «raia» entre Galicia e Portugal. A mostra recolle desde material ligado á aduana ata testemuños de mulleres que xa non están, documentos, películas inéditas e mesmo unha barca que foi rescatada das augas do Miño. Tamén se inclúe un debuxo de Castelao onde fala do Miño.