A sesion inaugural da mostra será ás 20.30 horas no Teatro Principal
10 mar 2026 . Actualizado a las 04:50 h.20.30 horas • Teatro Principal • A Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE) impulsada polo Museo do Pobo celebra hoxe a súa sesión inaugural coa estrea de «Redeiras de A Guarda». Trátase dunha peza creada especialmente para o festival a partir da investigación desenvolvida pola artista sonora Acacia Ojea arredor do oficio das redeiras. Este proxecto constrúese a partir dos sons reais do oficio, traducíndoos nunha experiencia sonora e visual concibida para ser vivida en directo polo público.
A sesión inaugural complétase coa presentación do resultado do taller de iniciación ao cinema en 16 mm, desenvolvido días atrás no marco do festival.