Debate sobre as formacións orquestrais no Consello da Cultura

La Voz

SANTIAGO

Imaxe da Real Filharmonía de Galicia, que conmemora os seus 30 anos
Imaxe da Real Filharmonía de Galicia, que conmemora os seus 30 anos PACO RODRÍGUEZ

A xornada ábrea Eduardo Alonso

05 mar 2026 . Actualizado a las 04:55 h.

10.30 horas • Consello da Cultura Galega (Tamén pode seguirse na web e en YouTube) • O Consello da Cultura organiza unha xornada para reflexionar sobre as formacións musicais sinfónicas en Galicia, caso da Xove Orquestra (xa desaparecida), a Sinfónica de Galicia e a Real Filharmonía. O programa comezará cunha intervención de Eduardo Alonso, para proseguir cunha mesa redonda coa participación de representantes das distintas orquestras.