O prazo de presentación dos traballos está aberto ata o 23 de marzo
24 feb 2026 . Actualizado a las 04:50 h.O Festigal convocou a décima edición do Concurso de Novos Valores para bandas e artistas emerxentes de música en galego. O prazo de presentación dos traballos nesta iniciativa promovida por Galiza Nova e a Fundación Galiza Sempre está aberto ata o 23 de marzo. Despois, un xurado elixirá os tres finalistas, que ofrecerán un concerto o 24 de abril na Sala Sónar, no que o público decidirá a banda gañadora, que actuará o día 24 de xullo no certame Festigal.
O certame acepta todos os estilos sempre que empreguen a lingua galega.