O proxecto que emprega arte dixital pechará as súas portas o vindeiro domingo día 11
05 ene 2026 . Actualizado a las 04:50 h.Museo Gaiás • Ata o día 11 de xaneiro • A exposición de arte dixital «Castelao. Mirar por Galicia» despídese do Museo Gaiás o vindeiro domingo despois de recibir ata o momento máis de 34.000 visitas, segundo apunta a Xunta.
Como colofón, o sábado, o presidente da Fundación Castelao, Miguel Anxo Seixas, conducirá unha conferencia e unha visita especial a esta exposición que emprega intelixencia artificial e realidade virtual para achegar a figura do rianxeiro. Para participar, haberá que anotarse nos vindeiros días na web da Cidade da Cultura.