Tropa de Trapo enche hoxe de contos o parque de Bonaval

La Voz

SANTIAGO

.

A cita forma parte do Festival C

12 ago 2025 . Actualizado a las 04:55 h.

18 horas • Parque de Bonaval • Acceso libre • Os contos volven a protagonizar hoxe o Festival C nunha sesión en colaboración co festival Apego que trata de impulsar a socialización en galego da cativada. Nesta ocasión é a quenda de Tropa de Trapo e os seus «Contos para nenas grandes e pequenas». Marta Ortiz e Brais das Hortas ofrecen unha proposta de narración oral e música en directo que achega historias de mulleres diversas arredor do poder do amor e da memoria, do bo trato entre as persoas e da igualdade entre homes e mulleres.

Non é a única actividade no marco do Festival C. A recoñecida coreógrafa Tânia Carvalho guía desde onte o laboratorio «Tecer o corpo. Habitar a sombra» na Casa das Máquinas. As persoas participantes crearán unha peza colectiva a partir das obras «A tecedura do caos» e «Ventre do vulcão», que se presentará este xoves ás 20.30 horas na Casa das Máquinas.