Durante todo o día haberá un punto de información co obxectivo de descentralizar a asistencia ás múltiples cacharelas
13 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.A praza de Mazarelos, no casco histórico, acollerá na tarde do día 23 obradoiros e música en directo nunha xornada lúdica para por en valor a importancia das Festas de San Xoán, con gran tradición no conxunto do municipio. Estas actividades, abertas a todos os públicos, diríxense especialmente a un público familiar, tanto residente como visitante. Ademais, durante todo o día haberá un punto de información co obxectivo de descentralizar a asistencia ás múltiples cacharelas que se organizan nos diferentes barrios e parroquias de Compostela.
Dende as 16.00 as 21.00 horas haberá un pasarrúas a cargo de A.C. Argalleiros, que animarán a zona durante toda a tarde, nas horas previas ao acendido das cacharelas nos barrios e parroquias de Compostela. A partires das cinco comezarán os diferentes obradoiros, todos eles gratuítos, pero para os que é recomendable facer reserva previa.