Teatro en Santiago: «'1888. Señorita Xulia' é un gran drama adaptado aos nosos tempos»

La Voz

SANTIAGO

Irira Ares e Xoan C. Mejuto ofrecen este sábado no Auditorio Abanca o espectáculo

17 may 2025 . Actualizado a las 08:19 h.

20.30 horas • Auditorio Abanca • Desde 17,60 euros • Iria Ares e Xoán C. Mejuto volven a Santiago cunha nova peza teatral. Se hai mes e medio recalaban con «Escándalo en palacio», esta noite farano no marco da xira de despedida de «1888. Señorita Xulia», coa que acadaron un grande éxito en Madrid. «Se “Escándalo en palacio” é unha comedia un pouco aloucada, “Señorita Xulia” é un clásico do teatro do finais do XIX, un gran drama adaptado aos nosos tempos», afirmou o actor Xoán C. Mejuto en Radio Voz.

O intérprete explicou que o que fixo foi reorganizar en parte a estrutura dramática da peza escrita por Strindberg para convertela nun «thriller» actual. Xa desde o principio dise que apareceu un cadáver, e o espectáculo arrinca co presunto asasino nunha sala de interrogatorios. «Aínda que o público vai ver que se emprega unha lingua máis barroca do habitual, non vai ter a sensación dun clásico, senón de algo moi moderno», engadiu Mejuto, destacando, ademais, que a temática, ese amor entre persoas pertencentes a distintas clases sociais, está sempre de actualidade.