Compostela celebra actos na Praza de Vigo (10 horas), Bonaval (11 h.) e Mazarelos desde as 13.30; e na Casa Museo haberá máis conmemoracións pola tarde
23 feb 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Hoxe • Santiago e Padrón • Galicia conmemora hoxe o Día de Rosalía, data na que se cumpren 188 anos do seu natalicio. A fundación que leva o seu nome ten previstos actos centrais en Santiago e Padrón, pero a conmemoración esténdese a todo o territorio lendo textos da autora, facendo un Caldo de Gloria e uníndose á Alborada para Rosalía. En canto ao Caldo de Gloria, que se fará pola tarde na Casa da Matanza, este ano correspóndelle a Alberto Carou, cociñeiro do Curral do Marqués, de Rianxo, xunto coa súa compañeira Jane MacDonald. Pero este prato da escritora cómese estes días en centos de colexios e locais hostaleiros do país, de modo que a fundación repartiu máis de 100.000 manteis, espallados por toda a xeografía galega e no exterior, en centros de Castellón, León e Pamplona.