A las 19 horas en el Pazo da Peregrina, en Ames
08 feb 2025 . Actualizado a las 05:00 h.19 horas • Pazo da Peregrina de Bertamiráns (Ames) • Alexandre Cadarso, coñecido por todos como Cano, é un amante da música tradicional. Pero desta volta non pousa a súa mirada nin na gaita nin na pandeireta, senón no violino coa publicación do libro «Co violino ao carrelo». Nel aborda diferentes aspectos deste instrumento na música tradicional de Galicia, incluíndo tamén fotografías tanto dalgúns dos músicos de referencia neste eido como de iconografía que amosa a presenza secular do violino. Non faltan tampouco partituras que se poden interpretar co violín tradicional.
A presentación da publicación será esta tarde ás 19 horas no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Non é a primeira asinada polo compostelán. Entre os seus traballos, tamén se atopa un dedicado aos cantos de taberna.