O Consello da Cultura aborda a conexión entre Castelao e o gaiteiro Avelino Cachafeiro

La Voz

SANTIAGO

Rubén Troitiño, autor da biografía de Avelino Cachafeiro
Rubén Troitiño, autor da biografía de Avelino Cachafeiro

Na xornada intervirán Siro López e Rubén Troitiño

16 ene 2025 . Actualizado a las 04:55 h.

Desde as 17 horas • Consello da Cultura • O Consello da Cultura abre a programación de actividades deste ano cunha xornada que afonda na relación entre dúas figuras centrais na configuración da identidade cultural galega, como son o gaiteiro Avelino Cachafeiro e Castelao. O músico e investigador Rubén Troitiño explorará a vida do gaiteiro de Soutelo de Montes desde os seus comezos ata a súa emerxencia como icona da música galega. Posteriormente, será a quenda de Siro López, que abordará a faceta do Castelao viñetista, con especial atención á simbólica imaxe que fixo de Avelino Cachafeiro cando gañou o concurso que o nomeou mellor gaiteiro de Galicia no ano 1924.

Por outra banda, o CCG tamén acaba de incluír a entrada biográfica de Avelino Cachafeiro (Soutelo de Montes, 1899-1972) no seu Álbum de Galicia, que está escrita por Rubén Troitiño. Nela incide no carácter polifacético. Así, ademais da música, explorou a pintura, a escultura e a poesía. Pero ademais, era empresario, xa que tiña un surtidor de gasolina, abriu unha sala de festas e tamén posuía unha funeraria.