A Pedreira presentará en Maré do día 28 o seu disco «Basal»

La Voz

SANTIAGO

ÓSCAR GÓRRIZ

Antes da artista galega actuará a mexicana Laura Itandehui

20 sep 2024 . Actualizado a las 04:55 h.

Sábado 28 • 19 horas • Teatro Principal • Desde 18 euros • Unha viaxe continental entre a rave, a foliada e o club de jazz. Así se define o espectáculo que A Pedreira ofrecerá o vindeiro sábado 28 en Santiago no marco do festival Maré para presentar o seu segundo disco en solitario, «Basal». Trátase dunha proposta no que se unen ritmos de ambas beiras do Atlántico xa que a artista galega Ugia Pedreira estará acompañada dunha banda da que forman parte o cubano Alejandro Vargas, o brasileiro Mauricio Caruso e a galega Lorena Cachito. As entradas para este concerto de A Pedreira, ao igual que para o resto da programación coa excepción da Ultranoite de Chévere —ten os tiques esgotados—, están á venda a través da páxina web do festival.

O público poderá gozar antes de que A Pedreira se suba ao escenario da actuación da mexicana Laura Itandehui, que ofrecerá «xéneros musicais tan variados como o bolero e o son tradicional, a ranchera típica, o vals peruano e o chachachá». A iso únelle letras enxeñosas.