O novo espectáculo de Chévere achégase á figura da primera persoa xordocega en obter un título universitario en Harvard en 1904
15 feb 2024 . Actualizado a las 04:55 h.Desde hoxe ao 25 de febreiro • Salón Teatro • Desde 12 euros • Chévere ofrecerá nove funcións do seu novo espectáculo «Hellen Keller, a muller marabilla?». A montaxe, en galego e en lingua de signos, toma como referencia a primeira persoa xordocega en obter un título universitario en 1904 en Harvard, que se converteu en toda unha celebridade. Sen embargo, nos últimos anos espallouse unha campaña que negaba os seus logros. A peza está dirixida por Xesús Ron e protagonizada por Patricia de Lorenzo, Ángela Ibáñez e Chusa Pérez de Vallejo. Hoxe e os días 16, 17, 22, 23 e 24 as funcións son ás 20.00 horas. O 18, o 21 e o 25 adiántanse ás 18 horas.