Luís Prego e Samuel Soto alzarán o pano o vindeiro día 1 con «Prende no colo»
23 ene 2024 . Actualizado a las 04:55 h.O programa Apego de Ames contará neste semestre con dezaseis propostas para fomentar unha crianza positiva e creativa en galego. O día 1 de febreiro chegará o espectáculo Prende no colo, de Luís Prego e Samuel Soto. O venres 16 será a quenda do concerto PunkInfantil, de Peter Punk e Brais das Hortas, cun espectáculo musical e de clown. Febreiro pechase con Música e Rosalía. O 1 de marzo haberá teatro infantil: Solo, de Roi Borrallas. O venres 8 Jara Ortiz chega a Ames con Lúa triangular. Nada é imposible. O 5 de abril a compañía Talía Teatro representará Voa Voa. O venres 12, Alouette Machine impartirá o obradoiro Os superpoderes das aves. E o venres 19, representarase Contos en familia, de Cris de Caldas e Xabi do Camiño. Para rematar o mes, o día 27 haberá unha excursión á Ribeira Sacra.
A actividade central de maio será a quinta Festa do Apego, o sábado 25. Ademais, o venres 3 a Fundación Legar chega a Ames con Arrolar e para rematar o mes, o día 31 Migallas teatro representará A nena e os tres osos. En xuño haberá unha actividade por semana. O día 7 Montse Rivera e Mercedes Prieto farán unha Foliada con Apego; o día 14, Ana Prema presentará Tecendo fíos. O día 21, terá lugar a actividade «Fotografando as herbas de San Xoán». A programación rematará o día 28 co concerto «Rockeando coas máis molonas de Pakolas».