Javier Turnes regresa aos escenarios : «Botaba de menos o ritual dos concertos, é algo terapéutico»
SANTIAGO
Actuará por primeira vez en Santiago xunto a The HakeMen. Será esta noite na Sala Riquela
21 abr 2023 . Actualizado a las 09:49 h.20.30 horas • Sala Riquela • 8 euros anticipada (10 euros na billetería) • Con máis de vinte anos sobre os escenarios e máis dunha década ao fronte da Bakin' Blues Band, Javier Turnes (Santiago, 1976) decidiu tomar un respiro xusto tras á pandemia. «Estaba un pouco canso ao ter que compaxinar as tarefas de profesor [imparte Filosofía] e directivo do IES Rosalía coa música», explica. Pero ese parón musical interrompeuno o pasado verán para un novo proxecto: Javier Turnes & The HakeMen, que esta noite actuará por primeira vez en Santiago.
«Botaba de menos o ritual dos concertos, é algo terapéutico», explica o compostelán. Pero a iso engadíuselle a proposta dos outros tres músicos que agora conformarán o cuarteto: Marino Orejana, Luke Jennings e Pedro Gregorio. «Tamén é bonito que aguén conte contigo», afirma Turnes. Así que empezaron unha andaina que xa pensa nun disco con cancións propias de cara a fin de ano.
Algún novo tema igual soa esta noite, aínda que o repertorio conformarano principalmente clásicos do «blues» e o «soul», e máis tendo en conta que estarán acompañados por dous músicos de Austin (Texas): Josh Fulero e Greg Izor. «Faime moita ilusión este concerto en Santiago porque aquí toquei en canto recuncho hai, en toda canta praza e garito. Apetéceme presentar o proxecto na cidade na que vivo», apunta Turnes. A nova banda prevé novas actuacións en Santiago, Pontevedra e Nigrán.
Una noche con mucha música
Akapellah & Lou Fresco
19.45 horas • Sala Capitol • Desde 33 euros • Los raperos venezolanos Akapellah y Lou Fresco (antes Lil Supa) aterrizan por primera vez juntos en España para presentar su «Funky Fresco», publicado en el año 2000. En el caso de Akapellah, a lo largo de su trayectoria logró varias nominaciones a los Grammy Latinos. Por su parte, Lou Fresco —nombre artístico de Marlon Morales— acumula dos décadas de trayectoria y es también uno de los referentes en el hiphop latinoamericano.
Vera Fauna
22.00 horas • Sala Sónar • Desde 8 euros • La banda sevillana formada por Javier Blanco, Jaime de Sobrino, Juanlu Romero, Kike Suárez y Álex Fernández recala en Santiago con su segundo disco bajo el brazo, «Los años mejores», publicado en enero. Incluye un total de once temas en los que el grupo reflexiona sobre lo cotidiano. Se trata de su primera parada en Galicia y mañana actuará en A Coruña.
Os Estalotes
21.30 horas • Casa das Crechas • La música tradicional toma protagonismo esta noche con el grupo compostelano que lleva más de tres décadas de trayectoria.
Cantometrics
24.00 horas • Pub Gatos (Melide) • 5 euros • Noche de folk en Melide con el quinteto musical.