Presentan en Santiago o libro que reúne versos escritos por Rodríguez Fer en Nova York

La Voz

SANTIAGO

PACO RODRÍGUEZ

O acto será esta tarde no Centro Ramón Piñeiro

07 feb 2023 . Actualizado a las 04:50 h.

18.30 horas • Centro Ramón Piñeiro (Rúa San Roque, 2) • A publicación «New York, new poems / Nova York, novos poemas» (Small Station Press) reunirá en edición bilingüe galego-inglesa a maior parte da poesía que Claudio Rodríguez Fer escribiu en Nova York. No acto de presentación da publicación, en San Roque, ademais do autor, estarán o profesor Armando Requeixo; Jonathan Dunne, tradutor e editor; Diana Conchado, prologuista e tradutora; e Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística.

Claudio Rodríguez Fer comezou a exercer a docencia na Universidade da Cidade de Nova York en 1992, e dende entón, volveu en numerosas ocasións á cidade.