O dúo Loita Amada estréase o 25 na Capitol arroupado polas Tanxugueiras e Mini

La Voz

SANTIAGO

C

Está formado por Jásper, excantante de Nao, e a pandeireteira Nébeda Piñeiro

04 feb 2023 . Actualizado a las 04:55 h.

Día 25 • 21.00 horas • Sala Capitol • 12 euros • O grupo Loita Amada, formado por Jásper —excantante de Nao— e a pandeireteira Nébeda Piñeiro, abrirá a súa andaina sobre os escenarios o vindeiro día 25 cun concerto na Sala Capitol. Nel, ademais de por outros seis músicos da banda, estarán arroupados polas Tanxugueiras —que interpretarán unha canción con Loita Amada e outro cunhas convidadas sorpresa—. Ademais, acudirán Mini Rivas e a súa filla Navia Rivas, así como Lolo Arincón e Paco Montoto, a agrupación Lina e Lola e Patty Castro.

Loita Amada presentará neste concerto o seu primeiro disco, «Viva a Loita Amada Revolucionaria!», que veu a luz o pasado decembro. Nesta proposta fúndese de muiñeira ata o vals, pasando pola xota ou o rock máis forte. O concerto prolongarase durante preto de dúas horas, segundo apuntan, xa que incluirá unha viaxe polos mundo musicais nos que se moveron Jásper e Nébeda.