Un roteiro tras os pasos de Antolín Faraldo en Santiago

La Voz

SANTIAGO

Sandra Alonso

A iniciativa púxoa en marcha o Consello da Cultura Galega

31 dic 2022 . Actualizado a las 04:55 h.

O Consello da Cultura Galega (CCG) incluíu no seu proxecto «Roteiros» un itinerario polas rúas de Compostela a partir da figura de Antolín Faraldo, «a alma e mente da Revolución de 1846». A selección de espazos e textos é do historiador Xurxo Martínez González e as imaxes, de Manuel Gago.

O roteiro escolma unha decena de espazos que percorren Santiago a través da biografía de Antolín Faraldo. Parte do actual Hostal dos Reis Católicos, no que viviu coa súa familia, ata a Casa da Parra, onde estaba a imprenta de «La situación de Galicia», xornal no que escribiu. Outros dos lugares sinalados son a Facultade de Medicina, onde estudou; San Martiño Pinario, sede da Academia Literaria; así como o pazo de Fonseca, entre outros.