«Scórpio», de Carvalho Calero, na voz de 250 persoas

La Voz

SANTIAGO

31 oct 2021 . Actualizado a las 04:50 h.

De 12.00 a 20.30 horas • Salón Nobre de Fonseca • Un total de 250 persoas lerán hoxe a novela «Scórpio» de Ricardo Carvalho Calero no Salón Nobre da USC. Entre os que lle poñerán voz á obra do homenaxeado polo Día das Letras Galegas do 2020 estarán familiares do autor, así como representantes da Xunta, Universidade e partidos políticos. Este acto organizado pola Associaçom Galega da Língua (Agal) tivo que aprazarse por dúas veces debido á pandemia. Os participantes obterán un exemplar numerado de «Scórpio».