«Compra un, doa un»

La Voz

SANTIAGO

CEDIDA

Kellogg's e Gadis entregan 7.500 paquetes de cereais ao Banco de Alimentos de Santiago

24 jul 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Kellogg's e Supermercados Gadis doaron 7.500 paquetes de cereais ao Banco de Alimentos de Santiago, grazas á campaña «Compra un, doa un». En marzo e abril, por cada paquete vendido de Special K e W. K. Kellogg, doábase outro. Así, puidéronse destinar 2.568 quilos de cereais a familias desfavorecidas de Galicia e Castela e León. Na entrega participaron José Luis Fernández e Amparo Lobato, por Gadis e Kellogg, e José Pita, presidente da Federación Galega de Bancos de Alimentos.