A Deputación de Pontevedra é mecenas da Casa de Rosalía

La Voz

SANTIAGO

PACO RODRÍGUEZ

Carmela Silva visitou a Casa-Museo

08 jul 2021 . Actualizado a las 05:05 h.

A Deputación de Pontevedra convértese en Mecenas da Casa de Rosalía de Padrón. A presidenta da entidade, Carmela Silva, visitou onte a casa, acompañada da deputada provincial de Memoria Histórica, Patrimonio e Lingua, María Ortega, co obxectivo de selar o compromiso de colaboración coa Fundación Rosalía de Castro. Esta será a través dunha achega de 10.000 euros anuais.