Ofrecerá esta tarde un concerto no Teatro Principal
24 feb 2021 . Actualizado a las 04:55 h.19.30 horas • Teatro Principal • 12 euros • O músico de jazz compostelán Abe Rábade presenta esta tarde o seu novo disco, «Sorte», que viu a luz en xaneiro. É unha proposta froito do traballo do pianista xunto ao seu trío, do que forman parte Pablo Martín Caminero (contrabaixo) e Bruno Pedroso (batería), que tamén o acompañan hoxe sobre o escenario do Teatro Principal.
«Sorte» está conformado por doce temas estruturados en catro trípticos, cada un deles representando unha dimensión da sorte: mística, épica, íntima e lúdica. As doce cancións foron compostas inicialmente en tres semanas por Abe Rábade, pero que despois tomaron forma e novos matices a partir de pórlle título.