Xacobeo...


Novembro vai camiño do seu ecuador. Iso, en si mesmo, só significa que se está acabando o 2019. Pero esta cidade anda xa noutra lectura: estase achegando o Xacobeo do 2021. En apenas 14 meses, moitos peregrinos e turistas situarán Compostela entre os seus destinos. E, de momento, parece que o único asegurado é que atoparán as entradas do Camiño en mellores condicións que hai 11 anos, máis albergues privados e unha incursión voraz dos pisos turísticos no mercado do aloxamento. Polo demais, para eles nada terá cambiado dende o 2010. Cando menos para mellor. E tampouco para os composteláns que nos momentos de maior afluencia terán que compartir a cidade con esa poboación flotante máis ocasional, que sempre debe ser benvida e ben atendida, aínda que sen condicionar máis aló do necesario a mobilidade dos propios residentes. A peonil e a rodada. En máis dunha ocasión, en maio pasado xa me custou atopar onde aparcar no centro da cidade. E non expresamente en superficie: hai días e horas que nin pagando ben por prazas que en ocasións parecen as celas dun Monopoly se atopa sitio nalgúns aparcadoiros. Miro 14 meses cara adiante e asústame. Cos tempos da burocracia, un corpo policial minguado, un modelo turístico máis centrado na promoción exterior que na organización interior, unha concesión de transporte urbano caduca (con sorte estaría renovándose en pleno 2021) e sen aparcadoiros de borde de alta capacidade, asústame. Por moito que se estea a traballar, hai cousas que xa deberían estar en marcha ou quedado proxectadas. E desacóugame que esta cidade, que leva a hospitalidade no seu ADN, acabe caendo nunha turismofobia que non se merece, nin ela nin os seus hóspedes.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Santiago

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Xacobeo...