A Festa do Apego programa sete horas de actividades

La Voz

SANTIAGO

CESAR QUIAN

Está destinada aos menores de seis anos e celebrarse este sábado no Auditorio de Galicia

29 dic 2017 . Actualizado a las 23:06 h.

• Desde as 12 horas • Auditorio de Galicia • Entrada libre • Moita música, contos e xogos centran as actividades da Festa do Apego, que se celebra no Auditorio de Galicia. Serán máis de sete horas de diversión en galego, posto que a iniciativa segue a filosofía do programa Apego. «Pretende que as familias se animen a socializar aos seus fillos en galego», lembrou o alcalde, Martiño Noriega.

As actividades arrancarán ás 12 horas e incluirá as actuacións de Cé Home Orquestra, Pablo Díaz e de María López e Jorge Juncal. Os contos poñeranos Andrea Bayer, Fabaloba e Anxo Moure. Non faltarán tampouco os xogos e un espazo de psicomotricidade. A programación está pensada para nenos de ata seis anos.