Celebracións


Nunha ocasión partillamos a festa patriótica, matriótica, fratriótica... do 25 de Xullo nun pub irlandés da cidade de Luimneach (Limerick, en inglés). Maxín e cantareas da terra no solpor. Galician national day. Era o verán de 2005, nun curso estival para docentes. De volta ás latitudes británicas, celebramos neste 2016 a xornada do 17 de Maio en Londres. London experience. No mediodía, xuntoiro no Instituto Cañada Blanch de Portobello co alumnado ao que lle aprende lingua e cultura de Galicia a profesora Begoña González. A viaxe a Inglaterra de 3º de ESO do IES de Negreira non esqueceu tal efeméride literaria de irmandade da fala, lúdica, xuvenil e inqueda. Os escolares londinienses, algúns coa raiceira galega, cantaron O Galopín (¿e quen será?), fixeron rap co poema Galicia e axeitaron para regra da clase o Bando do alcalde, de Manuel María. Os barcaleses achegaron presentación biográfica, recitaron ao poeta chairego, amosaron unha gravación musical e levaron libros como galano. Houbo deporte e saúdos sentidos na despedida. Déuselle vida e azos adolescentes ao idioma que nos xungue. No bar Galicia uns emigrantes contáronnos historias da galeguidade en Londres. Hai vías diversas, orixinais e válidas na honra da lingua. Nun supor, tamén en Barcala a cultural Afonso Eanes montou unha Foliandaina das Letras con subida ao cume de Santa Mariña.

Fastos e defensas. De todos os xeitos, Mind the gaps! (¡Coidado cos ocos!, que inda son moitos). Keep calm and carry on (Mantendo a calma, si; e proseguindo). Bye, bye.Velaí vai.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Santiago

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
3 votos
Comentarios

Celebracións