Hernández asumiu a alcaldía en substitución de Ángel Currás, que segue en Raxoi, aínda que o PP agarda a súa marcha, e cunha área sen apenas competencias. O rexedor di que ten acta e «polo tanto é un máis no equipo».
-¿É unha anomalía Currás neste goberno?
-É unha persoa que pertencía á lista e está no goberno, e punto.
-¿Vai rematar o mandato?
-Iso depende del.
-¿Como valora o debate de levar ou non imputados nas listas?
-Hai que diferenciar a razón da imputación e ser moi respectuosos coa presunción de inocencia. Non é o mesmo unha cuestión administrativa que unha cuestión ligada á corrupción.
-Pero respectando a presunción de inocencia, ¿vostede os levaría?
-Ser imputado non é ser culpable.
-A representación sindical rompera relacións con Currás. ¿Tentan recuperar a paz social?
-Hai reunións sobre orzamentos para tentar de concitar algún acordo. Aínda que a situación económica de Raxoi mellorou non podemos volver á situación anterior á crise. Non todas, pero algunha demanda terá cabida.