A Fundación Rosalía entrega os premios de poesía escolar

padrón / la voz < / span>

SANTIAGO

21 jun 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

A Fundación Rosalía de Castro e El Corte Inglés entregaron onte na Casa-Museo da Matanza, en Padrón, os premios do segundo Concurso Escolar de Poesía para o alumnado de Secundaria e Bacharelato. No acto estiveron os escritores Xabier Xil e Elvira Ribeiro, que tamén son membros do xurado, ademais do presidente da entidade rosaliana, Anxo Angueira, e o director de Comunicación e Relacións Externas de El Corte Inglés Galicia, José Manuel Blanco.

Os gañadores das tres categorías foron: Andrés Fernández, de Lugo; Laura Espiño, da Estrada; e Paula Antía Rey, de Padrón. En cada categoría houbo un premio e dous accésits. O primeiro premio levou un iPad e o resto tarxetas regalo por 200 e 100 euros.