Fala idiomas e é fan do Obradoiro

La Voz

SANTIAGO

09 abr 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

López vive en Bertamiráns e pasa o verán na Mariña lucense. Ten dúas fillas, gústalle practicar deportes como o pádel ou o fútbol sala e é normal velo no Multiusos de Sar coa súa bufanda do Obradoiro. Ten habilidades domésticas e gústalle traballar no xardín. Fala galego e castelán, aprendeu francés na escola e dende hai dez anos estuda inglés, que utiliza con certa soltura. Tamén pode entenderse en italiano. Chegou á USC para estudar en 1981, e foi un dos primeiros profesores de Dereito en ter ordenador. Agora usa iPad e iPhone. É catedrático de Dereito Financeiro e no 2007 entrou no Consello de Contas por unha proposta parlamentaria dos socialistas. Volveu á Universidade en xaneiro deste ano.