«Somos recoñecidos como expertos»

La Voz

SANTIAGO

26 oct 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Richard Ellis, nado en Malta, estudou en Oxford. Foi profesor pero axiña cambiou a ornitólogo de campo, coñecido como defensor dos falcóns da costa de Irlanda do Norte. Desde hai 20 anos é o gardián do National Trust (NT) no sur de Gales, a zona chamada Pembrokeshire. Coñece España e estivo en Santiago de Compostela.

-Déame tres razóns polas que facerse socio do NT.

-Hainas tanto altruístas como «mercenarias». Os socios poden gozar de entradas libres en todas as propiedades do NT, entre elas (moi importante) aparcadoiros na costa. Os socios poden apoiar o traballo do NT na xestión e conservacións das nosas propiedades.

-¿De que acción está máis orgulloso en Gales?

-Do noso traballo como gardiáns da costa e no aumento da conciencia nos asuntos do cambio climático e aumento do nivel do mar. Somos recoñecidos como expertos.

-¿Que podemos copiar en Galicia do traballo do National Trust?

-Sería impertinente que eu dese consello, pero sempre os meus amigos españois expresan asombro e envexa do tamaño e influenza do NT. Un español díxome que a diferenza connosco radica en que se dous británicos se atopan nunha illa deserta, forman un club; se son dous españois, forman tres: un de dous socios e dous de un. Pode ser un pouco verdade.