Os gardiáns da costa

Cristóbal Ramírez (congostro@gmail.com)

SANTIAGO

O National Trust é unha organización sen ánimo de lucro que desenvolve a súa actividade en Gran Bretaña e ten catro millóns de socios

26 oct 2011 . Actualizado a las 14:52 h.

Catro millóns de socios que pagan a súa cota relixiosamente. Ese é o mellor retrato dunha entidade sen ánimo de lucro chamada National Trust (NT) e que desenvolve a súa actividade na Gran Bretaña. Iso si, Escocia tirou desde hai moito tempo pola súa banda e ten a súa propia sección, pero iso non escurece para nada a marcha dun organismo que actúa cunha soa voz en Inglaterra, Gales, illa de Man e Irlanda do Norte, e que foi fundado nada menos que en 1895. E non só iso, senón que é a organización dese tipo máis importante en Europa e o segundo propietario de bens inmobles no Reino Unido (o número un, sexa dito de paso, é a Coroa).

Algunhas cifras axudan a decatarse de que estamos a falar: coidan 300 edificios históricos, 5.150 xacementos prehistóricos, 402 fábricas e minas, 206 muíños clásicos, 149 museos, 215 casas e xardíns, 40 castelos, 25 palleiros medievais, 12 faros, 6 lugares patrimonio da humanidade, 76 reservas naturais e 57 vilas. Iso quere dicir 255.000 hectáreas de terreo, e, por suposto tratándose de Gran Bretaña, algúns dos máis populares pubs. Exactamente 43, valiosos pola súa historia.

¿Que fai o NT? Vixiar que non se destrúa a paisaxe e, como eles din, «somos gardiáns da costa», a lo menos do millar de quilómetros que vixían, e que combinan cun traballo pedagóxico. O voluntariado é o seu piar. E aí radica o seu éxito: milleiros de socios regalan o seu tempo a unha organización dedicada á conservación de monumentos, xardíns, anacos de costa, lagoas? E un chiscar o ollo ao presidente Obama -aínda que hai quen di que foi o inquilino da Casa Branca que lles copiou-. Ese voluntariado recrútase e traballa baixo o eslogan Together you can (?Xuntos podedes?), que lembra ao famoso Yes, we can (?Si, podemos?).

Dan Jennings, da cidade de Bath, exprésao así: «O marabilloso sobre os grupos de voluntarios do National Trust é a súa liberdade para organizar as súas propias actividades? É esa variedade a que nos anima a volver».