Espectáculos en cinco cidades

La Voz

SANTIAGO

28 sep 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

O programa de teatro deseñado por Novacaixagalicia para o público infantil, aínda por pechar datas, ofrecerá ademais espectáculos de música e a proxección do documental «Cine submarino», unha iniciativa en colaboración coa Universidade de Vigo e dirixida a estudantes de terceiro ciclo de primaria e primeiro de ESO. O filme amosa aos espectadores a fauna das distintas zonas do sur do océano Pacífico, o máis extenso do mundo.

Este documental proxectarase en Vigo, no Auditorio Centro Cultural Novacaixagalicia, que tamén ofrecerá as pezas «Pingüin», «Pinocho y medio», «A pantasma do palco», «Robin Hood», «Música Popular Galega», «Cirque déjà vu», «Enamorirse» e mais «El elixir del amor». En Pontevedra, será o Auditorio Centro Social Novacaixagalicia o lugar no que se levará a escena «Bicharada», «Pinocho y medio», «A pantasma do palco», «Robin Hood», «Música Popular Galega», «Cirque déjà vu», «Enamorirse» e mais «El elixir del amor».

No Auditorio-Pazo de Congresos Municipal de Ourense os rapares poderán asistir á representación das mesmas pezas que acollerá o Auditorio Centro Social Novacaixagalicia de Pontevedra.

En Lugo, o Auditorio Municipal Gustavo Freire , e en Santiago, o Auditorio Novacaixagalicia, abrigarán a imaxinación dos rapaces con «Bicharada», «Pinocho y medio», «Robin Hood» e mais «El elixir del amor». O outono arrinca con moito que ver.