Invitación ao alumnado a sacarlle o máximo proveito aos fondos do centro educativo

La Voz

SANTIAGO

23 abr 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Ao acto de apertura da biblioteca renovada asistiu todo o alumnado de Secundaria, o equipo directivo e docente, varias nais, o alcalde de Rois e a concelleira de Educación así como o director xeral de Centros da Xunta, ademais do inspector de zona. O acto forma parte dunha serie de actividades organizadas polo colexio en torno a biblioteca e ao Día do Libro, que se conmemora hoxe, e que arrancaron o 14 de abril coa presenza da escritora Fina Casalderrey. Entre as actividades, unha pequena exposición aberta no vestíbulo do edificio do CPI no que se expoñen algúns libros do centro, entre eles as reliquias que garda. Tamén un día da semana todo os alumnos levaron un libro das súas casas para lelo na hora do recreo. Tanto o director xeral de Centros, José Manuel Pinal, coma o do colexio, Rodrigo Costoya, animaron aos alumnos a disfrutar e sacarlle o máximo proveito aos fondos da renovada biblioteca e, así, darlle vida.