«A nosa é unha música de fusión, e as letras falan da sociedade na que vivimos»

C.?P.

SANTIAGO

12 jul 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

A música é fundamental para Gael de Esteban Bassave (Compostela, 1979), aínda que polo de agora non pode vivir dela, nin el nin os outros catro integrantes do grupo Som do Galpóm, que naceu en Santiago en decembro do 2005 e xa ten gravado un disco, En terra de ninguén , editado polo selo Falcatruada.

-¿Que tipo de música fan?

-Facemos fusión, unha música que definimos de funky-reagge-rap. Os temas son nosos, compostos por Brais de Esteban, que ademais toca o violín. As letras son miñas.

-¿O das emes é por enfatizar?

-Si, por iso e por unha cuestión estética. Como ademais cantamos en galego, o do eme ten connotacións lusistas. Gustábanos máis así.

-¿A música, o grupo, é unha afección á marxe doutras actividades?

-Empezou por afección, pero tomámola moi, moi en serio, de maneira profesional. O que pasa é que polo de agora non nos é posible poder vivir da música.

-¿É difícil facerse un oco entre tanta competencia?

-Empezamos tocando en bares, coma todo o mundo, pero axiña nos empezaron a chamar para tocar en festivais e noutros locais para concertos. Non nos vai mal, a verdade. Gravamos o noso primeiro disco e gañamos o premio Ensaio no camiño, que foi unha porta aberta a outras oportunidades e unha axuda económica. Este mes imos estar no Festigal, e estamos moi contentos