Padrón homenaxea ao pintor Carlos Bóveda

La Voz

SANTIAGO

A Casa-Museo de Rosalía de Castro, en Padrón, será o escenario a vindeira semana, concretamente o venres 17 de xullo, dunha homenaxe do Concello padronés ao pintor Carlos Bóveda co motivo de cumprirse o quinto aniversario do seu pasamento.

A partir das oito e media da tarde intervirán o biógrafo Miguel Piñeiro, Camilo Rodríguez Vidal, Juan Carlos Cambas e Monserrat Alonso. Carlos Bóveda foi un anovador da pintura galega e xogou un papel crucial na escola de cerámica de Pontecesures.