A improvisación é o signo destes tempos

La Voz

SANTIAGO

O Festival Vibracional trae concertos como o de Pablo Rego ou de Xesús Valle xunto a formacións grandes como a da Orquestra de Música Espontánea de Galicia, coñecida como Omega.

04 jun 2009 . Actualizado a las 22:00 h.

Como todo non vai ser Wilco e aínda faltará moito tempo para que os seguidores se poñan de acordo sobre como foi o concerto, hai moitas cousas por escoitar que, seguramente, gardan máis relación coa experimentación que a banda norteamericana. Vibración si que houbo e case parecían as dos Beach Boys.

Na outra punta das intencións comeza o Festival Vibracional que un asunto máis ben de improvisación e experimentación e que permite, en este caso máis que en outro ningún, cada concerto sexa diferente. É posible que haxa xente que considere que a improvisación está sobrevalorada porque, ao cabo, vivimos rodeados dunha improvisación case permanente nas ciencias da administración, como se demostra na emisión de películas de Clint Eastwood dalgunhas canles televisivas. Pero de ser así, entón a música improvisada tería o mérito de ser un signo máis dos nosos tempos. O caso de improvisar é facelo ben.

Concertos de peto, como o de Pablo Rego ou de Xesús Valle, están combinados con formacións grandes como a da Orquestra de Música Espontánea de Galicia, coñecida como Omega, e pese ao seu nome é a primeira do seu xénero no país.

Mentres a sociedade non se afunda definitivamente por causa da improvisación haberá que ver como se comporta esta artisticamente e dese xeito a ver se aprendemos algo para os tempos que veñen que, aínda que digan que non, son fáciles de predecir.