18 may 2009 . Actualizado a las 02:00 h.
As librerías Pedreira e Abraxas desafiaron á choiva e saíron á rúa durante á mañá coa súa oferta de libros galegos con cada seu posto, eso si, protexido baixo una pequena carpa montada na praza do Toural.
Os chubascos, moi intensos por momentos, non arredraron a estes dous libreiros no Día das letras Galegas. O público non faltou ao longo da mañá, sobre todo polo fluxo de persoas que dende as once da mañá ían chegando para asistir á manifestación en defensa da lingua que partiu ás doce da Alameda e que atopou aus libreiros empezando a recoller cando cruzaron polo Toural pasada a unha do mediodía, camiño da Quintana.