O mago Romarís (non quere identificarse con máis nomes e apelidos) animaba na tarde de onte con outros artistas aos numerosos participantes no Festigal, no campus Sur, creando ambiente para o espectáculo de maxia previsto para últimas horas. Vive a cabalo entre Negreira e Compostela, e leva neste mundo artístico algo máis de dez anos.
-¿Que tipo de maxia ofrece?
-Escénica, de estilo cómico-galego, produto enxebre. Só lle podo dicir que no meu número poden aparecer, por exemplo, unhas cantas botellas de viño tinto e de branco do país. -¿Sempre quixo ser mago? -Empecei en Madrid, pero dediqueime a isto de verdade cando atopei a Antón o Mago, alma mater da profesión en Galicia dende o 2000, que promove encontros e conferencias con mestres, que é como se aprende, e a Asociación de Magos de Galicia. -¿Cal é a esencia desta ilusión? -Cada día está máis presente no mundo da escena, e nestes encontros ten moito tirón porque se crea unha atmosfera máxica antes do espectáculo, que é moi importante, sobre todo pola expectativa de ver variedade de estilos e porque hai convivencia e proximidade co público. -¿Hai renovación? -Hai que estar aprendendo sempre, e non só os trucos. Tamén a posta en escena, porque o espectáculo son moitas cousas. Nós apostamos pola maxia galega con denominación de orixe, e haina, empezando polo idioma.