A frescura dos tempos inxenuos 2

La Voz

SANTIAGO

17 jul 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

Que programen na mesma noite Niño y Pistola e Caetano Veloso debe querer dicir que hai xente para todo en Compostela e que a xente dun non ten intencións de ir ao outro. Hai moita xente contaxiada da catalogación dos discos que fan as grandes superficies comerciais.

Niño y Pistola son capaces de moita cousas, entre elas a de facer música pop con todas as influencias anglosaxóns que se queiran pero sen ningún tipo de pudor. Son capaces de facer unha versión de Abba e quedarse tranquilos. Son capaces de merodear por algunhas das distancias que percorreron uns chavales que eran de Liverpool e que tamén sorprenderon a Veloso. A frescura de Niño y Pistola ten que ver coa maneira en que fan a música, que si, que se parece a aqueles anos nos que todo o mundo era máis inocente e máis simpático e o mundo parecía mellor aínda que era a mesma basura que agora. O mellor de Niño e Pistola é que lembran todo aquilo sen despeitearse pola igualdade. Teñen esa impostura tan necesaria para a música pop que non destrozou Phil Collins e todos os que querían darse pedal. Estamos a favor da música pop, da boa, claro. Porque hai tempo que o pop se separou das radiofórmulas e aínda imos que ter que facer unha campaña para recordalo.