Xerais edita a obra gañadora do certame literario Terra de Melide

La Voz

SANTIAGO

27 oct 2007 . Actualizado a las 02:00 h.

Baixo o selo da Editorial Xerais porase á venda nas librerías A lúa dos Everglades, título da obra gañadora da sétima edición do certame de creación literaria Terra de Melide que convoca o Concello. O consistorio melidense acollerá este mediodía a presentación do libro, que correrá a cargo do seu autor, Xesús Manuel Marcos.

A distinción da novela acordárona por maioría os membros do xurado do certame, que destacaron da proposta literaria «a integración de tres historias de emigrantes, que conforman un thriller engaiolante, onde o autor mantén en todo momento a tensión narrativa, non exenta de fortes doses de lirismo». Coa publicación de A lúa dos Everglades, Xesús Manuel Marcos situará no mercado editorial o seu quinto libro. Natural do municipio lucense de Seoane do Courel e afincado en Madrid, o escritor acumula outros tantos galardóns polos seus traballos literarios.