«Os universitarios son iguais que os de antes, só que son menos»

Ofo Castillo SANTIAGO

SANTIAGO

PROPIETARIO DO CAFÉ UNIVERSAL

23 abr 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

Dous grupos de estudantes toman cocacolas e cervexa na terraza. Para moitos matriculados en Historia, trátase da outra facultade. Cómpre so cruzar a rúa. Dentro, Pepe Conde, propietario do café Universal, deixa caer moitas olladas ao periódico a través duns lentes no baixo do nariz. -¿A cantas xeracións de estudantes serviu vostede cafés? Bótelle a conta, abrín no 89. A cinco anos por licenciatura... -Atopa algunha diferenza entre os estudantes de agora e os de antes? -Son iguais, só que son menos. -¿Son os principais clientes? -Si. A maioría son estudantes. -E á hora de poñer notas, ¿vostede como cualifica estes anos? -Estou moi contento, poríalle como mínimo un sete ou un oito. -¿Iso é un notable tamén para vostede? -¿Para min? Non, non. A min poñeríame menos nota. -¿Dos anos deste café con historia, con que momentos se queda? -Non se me ocorre. O que si é certo é que visitaron o café moitas personalidades coñecidas. Ademais, os reitores, profesores e decanos. Hai pouco estivo aquí... a presentadora de Mira quien baila! -Anne Igartiburu. -Iso. Quen era un cliente habitual era Luis Mariño, unha persoa moi intelixente que conseguía todo canto se propoñía. Sentaba aí, sempre, xusto aí.