A Mesa dará os parabéns ao estudantado galego polo novo decreto para o ensino do idioma

La Voz LA VOZ | SANTIAGO

SANTIAGO

25 feb 2007 . Actualizado a las 06:00 h.

? Mesa pola Normalización Lingüística iniciará esta semana unha campaña para dar os parabéns ao estudantado de secundaria, bacharelato e ciclos formativos de formación profesional polo novo decreto para o ensino do idioma anunciado a semana pasada pola Consellaría de Educación. Francisco Rei, como representante das Mocidades pola Normalización Lingüística, esclareceu que esta iniciativa está motivada por considerar que foron eses colectivos do alumnado galego os que conseguiron en gran parte ese importante logro, coas súas mobilizacións. O presidente da Mesa, Carlos Callón, indica que aínda faltan os pronunciamentos da Mesa Sectorial de Educación, do Consello Escolar autonómico e do Consello da Xunta. No entanto «confiamos que se produzan como moito modificacións só de matiz» que non supoñan variacións sobre as melloras feitas xa públicas. Callón afirma que a propia conselleira, Laura Sánchez Piñón, o informou persoalmente de que «este é un decreto para aplicar». O presidente da Mesa manifestou que «na nosa organización non estamos contra o castelán, o único que nos preocupa ó potenciar o galego, que se encontra en clara inferioridade». Xulga de especial relevo que a materia de matemáticas vai ser obrigatoria en galego.