«Temos lista de espera para todos os servizos»

José Xavier Bom SANTIAGO

SANTIAGO

PACO RODRÍGUEZ

Entrevista | Isabel Gey

11 dic 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

?Os coidadores necesitan un respiro, unha desconexión», explica a presidenta da asociación que ofrece axuda para os doentes de alzhéimer e para os seus familiares. Agadea xa superou o medio millar de asociados con case 50 novos nos dous últimos meses, e non deixa de aumentar, explica. -É talvez a que máis nos urxe, porque non dispomos de nada. Aínda que nós temos lista de espera para todos os servizos que ofrecemos, e o noso persoal e voluntariado non para. Doentes e familiares reclaman axuda, porque as demencias poden chegar a ser moi incapacitantes. -¿Como responderon os artistas cando pediron axuda para esta mostra? -Moi ben. Algúns mesmo chamaron por outros e conseguiron doazóns coas que non contábamos. A colaboración foi inmediata: era chamar e en pouco tempo pasar a recoller a obra. -¿Que artistas destacaría? -Hai moitos que doaron as súas obras, uns máis coñecidos, outros menos. Todos son importantes para nós e non quero dar nomes. Algúns mesmo contribuíron con máis da única obra que nós lles pedíamos. -¿Son de Santiago e comarca? -Non só, tamén do resto do país. Hai un montón de obras. -¿Son moi caras? -Hai de prezos moi diferentes e esperamos a solidariedade porque o fin que buscamos é importante, o respiro é un servizo certamente moi necesario.