A cidade e comarca,desbordadas

La Voz LA VOZ | SANTIAGO

SANTIAGO

ÁLVARO BALLESTEROS

Crónica | Os efectos do temporal Mentras en Santiago reventaban sumidoiros, se inundaban rúas e baixos e o Sar volvía entrar na Colexiata, o mesm0 río rosaliano asolagaba a aldea de Pazos, en Padrón

22 oct 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

A PARTE DIVERTIDA. A improvisada pasarela que montaron en Pazos (Padrón), resolveu a papeleta de urxencia e, de paso, animoulle o día ao pequeno, aínda que iso si, coa axuda dun adulto LARAÑO E PADRÓN. Á esquerda, situación da carretera provocada polas obras da autopista de Brión no lugar de Laraño, no concello de Ames. Na imaxe da dereita, reparto de comida entre as familias afectadas polo desbordamento do Sar na aldea de Pazos, en Padrón SANTIAGO E NEGREIRA. Cumpríronse as peores predicións e o río Sar saíuse da conca e asolagou o lugar de Cambelas, na aldea padronesa de Pazos, onde a primeiras horas de mañá de onte a auga alcanzou preto dun metro de altura no interior de máis dunha ducia de casas. A situación obrigou ao reparto de comida por parte de protección Civil aos veciños. As riadas tamén tiveron consecuencias en Iria e Bandín. Na cidade, a forte borrasca tivo os seus mais e os seus menos, porque sen causar danos graves en ningún caso, cortou rúas e vías de acceso que obrigou a interromper parcialmente o tráfico en varios puntos. Foi o caso dos accesos a A-9, e no vial de Fontiñas á Avenida de Lugo, nas rúas Camilo José Cela, Bermejo e Irmandiños, onde se inundou un ultramarinos. No polígono do Tambre, os bombeiros, que realizaron doce saídas entre as sete da mañá e o mediodía, tiveron que rescatar ás 7.45 horas a un automobilista atrapado nunha poza de grandes dimensións ao final da rúa Edison. Tamén tiveron que axudar a sacar varios coches atrapados na rúa Torrente Ballester e nos arredores das piscinas do Sar, e desaloxar a dúas mulleres da súa casa na zona de San Lorenzo. As arquetas dos sumidoiros foron levantadas, e sinalizadas, pola Policía Local para evitar que rebentaran na Avenida de Lugo e noutros puntos da cidade, aínda que algún vehículo resultou danado por non chegaren a tempo. No Romaño houbo desprendementos de terras e resultaron inundados varios baixos e unha vivenda á que entrou a auga pola terraza. Os bombeiros de Santiago tamén tiveron que acudirlle a autobús que quedou varado en Laraño, onde a auga cortou durante a mañá a estrada no lugar de Moniña, co agravante de que arrastrou cascotes, pedras e moito barro das obras da autovía de Brión. Os veciños denunciaron a situación, porque o tubo de desague colocado pola empresa que realiza as obras non dá abasto, «e tiñan que telo previsto, porque problema é vello». En Negreira morreron coellos e ovellas na aldea de Xallas de Abaixo, afogados nos corrais polo auga que baixou encanada por un cortalumes aberto por mor dun incendio forestal o pasado verán.