«A zona de Xanín acapara o máximo interese urbanístico»

La Voz

SANTIAGO

Eleccións 2007 | Andrés García Cardeso O rexedor, que posiblemente opte ao seu cuarto mandato, cre que o futuro do concello pasa necesariamente por desenvolver o Plan Xeral de Ordenación Municipal

21 abr 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

rotonda da variante. -¿Non pasa o mesmo en San Vicente? -Na capital municipal estamos mellorando travesías como a da Castiñeira e a que vai á zona escolar, pero desde o ano 2003 observamos que a maioría das licencias son para construír vivendas unifamiliares, sendo a día de hoxe máis de cincoenta as vivendas construídas e moitas delas casas antigas rehabilitadas. A diferencia doutros concellos, como sucedeu en Boqueixón ou Val do Dubra que está cunha modificación, ter un Plan Xeral é indispensable para o crecemento harmónico e ordenado porque estamos vendo que moita xente da cidade está volvendo ao rural mercando casas en Ceilán ou na zona do Barro. -¿Malas relacións coa oposición? -Entendemos que o labor da oposición na Baña vai máis alá do que é a política municipal. Existe un intento de obstruír e dicir non a todo, e que todo está manipulado, porque os socialistas xa optaron por xudicializar as relacións.