A memoria dos que perderon

| LOIS PEREIRA |

SANTIAGO

HABELAS HAINAS

19 ago 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

A HISTORIA sempre a escriben os vencedores en tódalas guerras. Iso sucedeu aquí ca guerra civil durante moitos anos, agás das escritas desde o outro lado feitas no Ruedo Ibérico, de París. Falta en Galicia moita investigación para clarexar esa etapa escura de hai case setenta anos. Oficialmente, aquí non houbo guerra, pero sí moito paseado, moito medo e moita fame. Todo en nome dunhas supostas ideas que enfrontaban o conservadurismo co socialismo e os nacionalismos. Por iso a historia non é algo pechado: cada xeneración reinventa continuamente as súas sinais de identidade en función do seu presente, aparentemente sempre o mesmo pero cambiante. A recuperación da figura histórica de Ánxel Casal -un vencido da guerra civil da maneira máis indigna- fálanos dunha etapa que cómpre non esquecer nunca: unha vida vale máis que mil ideas xuntas, por moi luminosas que sexan.