13 may 2005 . Actualizado a las 07:00 h.
? grupo de baile e gaitas do colexio La Salle fixo onte a súa tradicional ofrenda ante o Panteón de Galegos Ilustres, en Bonaval. Os alumnos e profesores depositaron frores no panteón e bailaron pezas do folclore galego. O acto rematou coa interpretación do Himno Galego. Por outra parte, dentro das actividades do Día das Letras, a área comercial Santiago Centro entregou a Ana Fandiño, do colexio de Sar; Lucía Caramelo, do Peleteiro; e Pablo Aguado, do Rosalía, os premios do concurso de recitado de poemas de Lorenzo Varela.