A catedral quere un plan

| CONCHA PINO |

SANTIAGO

0 SERENÍN

07 mar 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

NON SEI se é cousa de estar a ben con Deus e co diaño, pero do que non teño dúbida é de que a catedral necesita un plan director que defina por riba de intrigas, burocracias e intereses de calquera tipo o que se debe e pode facer á hora de intervir neste conxunto monumental que é de todos. Sei que Rafael Baltar morreu coa mágoa de que quedara no aire o plan director que el redactou con Almuiña e Bartolomé, e que hai dez anos deu os primeiros e máis importantes froitos. E pregúntome por que non acordan que completen o que empezaron. O Cabildo está en racha. No pasado ano tomou algunhas iniciativas, apoiado pola Xunta, para abrir a basílica a novos usos e ordear outros. Sen dúbida engadeulle valor, máis valor, a un dos símbolos que nos identifica no mundo. A prudencia non sobra cando se trata de decisións que nos van transcender. Pero compre que tampouco esmorezan.