O Concello reanuda nos centros de ensino o programa para a prevención dedrogodependencias
SANTIAGO
O programa municipal de prevención de drogodependencias Cinensino, reanuda as súas actividades con novas sesións dende mañá ate o 3 de febreiro, dirixidas a máis de 2.500 alumnos de 29 centros educativos de Santiago. Esta iniciativa, organizada pola Unidade Municipal de Atención ao Drogodependente (UMAD), combina a proxección de películas, que nesta volta son Pinocho 3000 e La puntuación perfecta , e actividades nos propios centros educativos, con tres sesións diarias de cine (ás 10.00, 12.00 e 16.00 horas) na Aula de Cultura de Caixa Galicia, nos días dinalados. Tralas proxeccións, os alumnos de 10 a 14 anos realizarán actividades nas aulas sobre o contido das películas, coa finalizade de lles axudar a fortalecer e coidar a súa saúde. O obxectivo do Concello é facer fincapé na prevención como ferramenta educativa entre os máis novos.