Cineuropa | «De viaxe co Che Guevara»
26 nov 2004 . Actualizado a las 06:00 h.Se Allende chegou a ser un mito, o Che Guevara é o mito. Son mitos que foron medrando no tempo. Medrando como mitos e, se deduce, daí o afán documental, para baixalos da iconografía de cartel e devolverlles algo da carne que tiveron. non consigue tanto devolverlle a figura como engrandecela máis. En parte porque en lugar de estar apoiado en fontes directas, toma prestado a rodaxe da película Diario de motocicleta para facer esa mesma viaxe de Ernesto Guevara e Alberto Granados por Latinoamérica. Se apoia tanto na rodaxe que hai momentos nos que parece un making off da mesma. Cando consigue fuxir un pouco dese tono, entre nostálxico e publidista (aínda que todo para ben) o documental mergúllese con moita máis fortuna no social, segue a estela do Che polo tanto e sérvelle para entender como o aventureiro deu paso ao revolucionario. Tamén por fortuna para o documental de Gianni Mina aparece nel unha personalidade luminosa que pon naturalidade, sentido común e mesmo visión histórica na película. É Alberto Granado, o compañeiro de viaxe do Che. Granado demostra durante o documental unha visión realista do Che e, aínda máis, cunha visión realista do cine, das necesidades da ficción e, sobre todo, de que un actor necesita ser un mesmo, como lle di a Gael Bernal. O documental pese a súa duración apunta, pero non explica o proceso de cambio do Che, non se detén en algúns dos asuntos fundamentais que puideron contribuir a modelar o pensamento político de Guevara. Por aí queda un pouco atado ao mito, ou tamén porque o documental recrea moito a primeira parte da viaxe e apura moito máis a segunda e o final. Detenese no leprosario do Amazonas e o convirte no símbolo do cambio. Un asunto que queda estupendo na película pero que non sirve tanto ao carácter do documental. Para o demais é unha contribución ao mito, unha contribución animosa para cimentar esa dimensión que faría do Che un icono do home novo, da porvir e da eterna e sempre pendente revolución. Director: Gianni Miná. Xénero: Documental. Duración: 120 minutos . Nacionalidade: Italia. Estrea: 2003. Pases: Mañá, 20 horas.