Cine químico

Camilo Franco SANTIAGO

SANTIAGO

Cineuropa | «Ludwig. A paixón dun rei»

15 nov 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

?eguramente haberá algo de reiteración en falar unha e outra vez dos clásicos. Séguramente haberá dúbidas sobre si Ludwig é un clásico con toda a dimensión. Negamos a primeira dúbida e contestamos que si á segunda e xa podemos seguir adiante sen máis problemas. O cine de Visconti ten algunhas virtudes e algúns defectos, pero quizais se poida dicir que é químico no sentido hiperbólico do termo. Cine nacido para ser imaxe e para ser mirado con detenimento. Quizais cun detenimento que hoxe xa non se de po parte dos espectadores. Visconti pode ser cine clásico e non ser un cine para hoxe. Queda a dúbida. Outro o asunto é Ludwig . Primeiro porque sería un erro considerar a película como un tipo de cine histórico e non pensar que hai algo nela documental sobre o poder, sobre a forma de producirse e sobre a destrucción que produce. Hai unha variación que ás veces pasamos por alto: no caso do príncipe bávaro, a primeira víctima do poder é el mesmo. No caso da grande parte dos príncipes (é dicir, dos mandatarios, dos presidentes, dos ministros, dos alcaldes ou dos conselleiros) o peso represivo do poder trasládase de xeito automático de quen o leva a quen é administrado. A película de Visconti é tamén química neste sentido porque describe a descomposición dunha persoa baixo o peso do poder e os seus máis directos arredores: describe a espiral inevitable, a fuxida e o lento derrumbarse de quen está sometido ao poder e non pode liberarse. Tampouco esquiva a intriga que é un elemento que, como se sabe nos pasillos de San Caetano, é consubstancial ao poder. As intrigas producen víctimas e tamén nese sentido cívico da exhibición a película de Visconti é luminosa: pon luz na escuridade dun drama que, como o do príncipe de Dinamarca, ten algo de exemplar, resulta ser máis sinistro e conter bastante máis loucura. Director. Luchino Visconti. Xénero. Drama. Duración. 186 minutos . Nacionalidade. Europea. Estrea.